Quén somos

 

ASCA (Alternativa Sindical de Caixas de Aforros) é unha alternativa sindical autónoma, con presenza únicamente en  //ABANCA e FUNDACION GALICIA OBRA SOCIAL  e dedicación exclusiva ao seu persoal.

En novembro de 2010 un grupo de sindicalistas decidimos romper coas imposicións dos sindicatos de clase e a súa rixidez burocrática, creando unha agrupación de traballadores e traballadoras, sen ataduras políticas nin dependencias económicas, para dar resposta ás demandas do persoal da nosa empresa.

Convencidos da necesidade de traballar doutra forma no plano sindical para defender os nosos intereses con máis transparencia, democracia interna e horizontalidad. As persoas que formamos parte de ASCA, unímonos para defender os nosos dereitos laborais e sociais. Somos un grupo plural onde todo o mundo ten cabida

 

Despois das eleccións na Provincia da Coruña, nas que obtivemos uns excelentes resultados, constituímonos como sindicato. Desa forma naceu ASCA, posteriormente a afiliación decidiu confederarse en CIC (Confederación Intersindical de Caixas), para compartir información, servizos e forzas cun amplo e diverso grupo de Sindicatos de Caixas como o noso, mantendo en todo momento a nosa independencia dentro da empresa. Actualmente temos tamén representación nas provincias de Lugo, Pontevedra e na Obra Social.

ASCA recoñécese como asemblearia e participativa, onde todos as afiliadas e afiliados deciden coa súa opinión as accións a emprender.

Afíliate