Manifesto

Contra a reconversión salvaxe do sector

 O goberno pretende impoñer nas Entidades nacionalizadas un duro plan de reconversión que contempla milleiros de despedimentos aplicando a reforma laboral 2.508 no caso de novagalicia banco; acompañado dun duro recorte dos salarios (40% no caso de Bankia).

 Mais ala da resposta que en cada unha das Entidades teñamos que ir dando, semella claro que estamos ante un proceso que afecta cada vez a un maior número de empresas, e que rematará afectando dun ou doutro xeito a todo o persoal do sector financeiro.

 Os traballadores e traballadoras do sector non podemos quedar impasibles, non é só unha cuestión de solidariedade, parar os recortes no sector interésanos a todos e todas para non deteriorar ainda mais as condicións laborais.

 O vindeiro 12 de xaneiro os sindicatos de novagalicia banco, co apoio dos traballadores e traballadoras da Entidade, que participaron masivamente nunha histórica asemblea, temos convocado unha manifestación para responder fronte a intención de despedir a 2.508 persoas no período 2013-2017. Unha manifestación para a que queremos solicitar todo o apoio ao conxunto do sector. Apoia aos milleiros de compañeiros e compañeiras que están a piques de perder o seu posto de traballo.

 Manifestación sábado 12 de xaneiro ás 12:00 horas, saída dende a Alameda de Santiago de Compostela.

 Manifesto

Dejar un comentario