Obra Social

Na Obra Social Novacaixagalicia traballamos 257 profesionais comprometidos co futuro de Novacaixagalicia, coa misión de contribuír ao desenvolvimiento socioeconómico e cultural de Galicia, con ganas de traballar e ilusión por que este proxecto teña futuro.

  • Atendemos aos nosos maiores en 12 centros por toda galicia e educamos aos máis pequenos nas Escolas Infantís de Novacaixagalicia.

 

  • Somos o principal axente privado de Galicia en prestación de axudas e servizos a ONGs.

 

  • Apoiamos aos emprendedores con asesoramento e formación. temos a máis importante Escola de Negocios de Galicia.

 

  • Facilitamos o acceso ao financiamento de familias máis vulnerables a traves de préstamos no Monte de Piedade.

 

  • Somos expertos e programadores culturais que xestionamos os centros culturais e programamos actividades educativas en toda Galicia.

 

  • Atendemos a rede de Bibliotecas propia e a Biblioteca Infantil co fondo máis completo de Galicia.

 

  • Formamos profesionais no noso tres centros de Formación Profesional con múltiples Ciclos Formativos de Grao medio e Superior.