Afíliate

 

Afíliate

  • Non depende máis que dos traballadores/as afiliados a el e da súa vontade libre de defensa e reivindicación.
  • Non ten compromiso algún con partidos políticos e moito menos con patronais ou gobernos.
  • Non é de dereitas nin de esquerdas nin de centro, pero nas súas filas hai militantes destacados e colectivos importantes de todas as procedencias sindicais
  • Porque en ASCA non se rexeita a ninguén polo seu pasado sindical ou pola súa forma de pensar. Os únicos que non teñen cabida nas nosas filas son os malos compañeiros/as, os que queren utilizar aos traballadores/as ao servizo dos partidos políticos, mesmo en contra dos seus propios intereses ou en beneficio propio, como numeroso “liberados sindicais” fan.
  • ASCA somete a referendo entre os seus afiliados/as os acordos e decisións máis relevantes
  • ASCA debe a súa independencia e a súa forza aos afiliados e afiliadas. O voso respaldo garante a nosa representatividade e a nosa capacidade de reivindicación e proposta.
  • ASCA é imprescindible nas empresas para axudarche a resolver os teus problemas e para que se cumpran os convenios colectivos e o dereito laboral.
  • ASCA é necesario para conseguir mellores condicións de traballo, mellores salarios, novos dereitos, a través da negociación dos convenios colectivos, cuxa representación é exercida por CIC.
  • ASCA -CIC conta cos mellores servizos de asesoramento sindical, xurídico e técnico que pon á túa disposición como afiliado e afiliada.
  • ASCA axúdache para que teñas acceso á formación profesional, decisiva para atopar ou mellorar o emprego.
  • Para que Novagalicia non impoñan os seus intereses e decisións.
  • Para que Novagalicia teña en conta as nosas demandas. Porque xuntos si podemos.
  • A cota sindical é deducible na declaración da renda, na actualidades 21 € o trimestre para os traballadores en activo e 15 € para os xubilados/as ou ex-compañeiros/as

Descarga aquí a tua ficha de afiliación  e faina seguir a calquera delegado/a, ou remitea por correo electronico a Ascancg@gmail.com.

Lembrámosvos que debido á situación excepcional que vivimos, actualmente as cotas de afiliación son de 21 € ao trimestre (7 €/mes)para o persoal en activo e de 15 € ao trimestre (5€/ mes) para ex-compañeiros/as ou simpatizantes.